Limiar 

(Fotografía. 2024)



Obra desarrollada ex profeso para la exposición As 7 e 7 del Museo Provincial de Lugo, invitándome a trabajar a partir de la obra Ambiente de paz de Mª Carmen Corredoyra.




Atópome ante un interior conventual, característico na produción artística de María Corredoira, no que se abre unha porta que nos deixa asomarnos brevemente a un espazo privado. Chámame ao ollo un encadre que evita a frontalidade, que recorta bruscamente o marco da parede e que ten algo de fotográfico (algo de real e algo profundamente evocado). Aparece entón un pensamento: é unha dúbida sobre se cruzar ou non o limiar e invadir a súa intimidade. Avanzo e profundizo nesa atmosfera silenciosa como tratando de introducirme no oco da luz, accedendo ao trampantollo proposto pola pintora  para determe nos xogos de luces e sombras que ocupan o baleiro da imaxe.

Dende ese lugar, persigo o rastro humano. Malia que non hai persoa visible, todo o que hai aí fala de alguén. A ausencia revélase e logo rebélase. Desprázome ata determe no máis pequeno que atopo, o único elemento que de ningunha maneira puido sobrevivir á pausa da pintura: unhas floreciñas que alteran a paleta de ocres, beixes e marróns, e que rompen o tempo detido da imaxe ao evidenciar  a súa caducidade. Agora o raio de luz atravesa o pétalo e extende dende o seu interior unhas cores violáceas como buscando unha veladura fotográfica, como se a foto deixase de ser foto. Estamos noutro lugar.


¡Ay de las frentes que no se arrugan!
¡Ay de los ojos que no han llorado!
Son como campos que no dan fruto.
Son como fuentes que se han secado.


(María Carmen Corredoyra, 1946)



antes de nada HÍBRIDO, WIP
Un lugar desprazado coma o meu corpo FOTOGRAFÍA, 2024

Limiar FOTOGRAFÍA, 2024
eu non quero ser triste VÍDEO, 2022

nana VÍDEO, 2021

veo veo VÍDEO, 2021

Ecos de tiempos FOTOGRAFÍA, VÍDEOINSTALACIÓN,  2016-2018
Unhidden FOTOGRAFÍA, 2015–2016
Memorabilia III Un sitio para cada cosa y cada cosa en su sitio FOTOGRAFÍA, 2017–2020
Memorabilia II La fotografía velada es espacio para una propuesta de memoria INSTALACIÓN, FOTOGRAFÍA Y VÍDEO, 2015–2016

Memorabilia I distance is a state of mind FOTOGRAFÍA Y TEXTO, 2014–2016
Biopsias FOTOGRAFÍA, 2014–2015
Light—Through FOTOGRAFÍA, 2014