Feira

(Fotografía y vídeo. 2022-2023)



Registro documental realizado para Viva Lugo y Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Cando comeza outubro, celébrase na cidade de Lugo o San Froilán, a festa da cidade e arredores. A excusa para a visita e a reunión, a comida e o baile. Esa mistura de días conta, a un mesmo tempo, todos os tempos que se misturan nas festas: o movemento continuo de xente, as súas esperas, a velocidade das barracas ou o pulso do baile. As cores e as luces enchen as fotografías nun intento de trasladar nelas uns olores e uns sons que enseguida vinculamos coas festas do San Froilán.